As múltiples miradas do I Roteiro Fotográfico Urbano Terra Emprende

Entre as distintas actividades que formaron parte de Terra Emprende – Xornadas de Crecemento e Cooperación, o I Roteiro Fotográfico Urbano invitou ás persoas participantes a descubrir A Estrada desde unha perspectiva diferente.
Ao longo do percorrido, experimentaron con distintos recursos fotográficos e puxeron en práctica conceptos relacionados coa composición, a luz, a perspectiva e a narrativa visual. Todo isto dun xeito accesible e práctico, empregando unicamente os seus teléfonos móbiles.
O máis interesante da experiencia chegou ao comprobar como un mesmo itinerario, percorrido ao mesmo tempo e baixo as mesmas condicións, deu lugar a interpretacións moi diversas. Cada participante centrou a súa atención en elementos diferentes, construíndo un relato visual propio a partir da súa maneira de observar e relacionarse co entorno.
Para conservar unha mostra deste traballo colectivo, recompilouse unha selección das fotografías realizadas durante a actividade nunha pequena exposición virtual que reúne as imaxes escollidas polos participantes e un breve comentario sobre cada serie.
A exposición é tamén unha mostra de como a fotografía pode converterse nunha ferramenta para observar con máis atención o que nos rodea e descubrir novas perspectivas sobre lugares que, a miúdo, cremos coñecer ben.
Podes visitar a exposición completa na seguinte ligazón:
https://www.jcasoreyfoto.com/
.png)