🎪 28 E 29 DE MAIO DE 2026

Terra Emprende

Xornadas de Crecemento e Cooperación. Un espazo onde o emprendemento rural galego cobra vida, crea redes e demostra que outro xeito de traballar é posible.

QUE É TERRA EMPRENDE

Onde o rural galego emprende xunto

Terra Emprende nace do convencemento de que o emprendemento rural galego ten forza, talento e futuro. É un espazo de encontro pensado para poñer en valor proxectos locais, crear redes de colaboración reais e demostrar que a economía do territorio pode ser sostible, innovadora e comunitaria.

Durante dous días, a Praza do Concello de A Estrada convértese nun mercado vivo de ideas, produtos e servizos: stands de expositores de toda Galicia, faladoiros con profesionais, obradoiros prácticos e espazos de networking onde xorden as mellores conexións.

O nacemento de Mícora
QUEN SOMOS

O nacemento de Mícora

Mícora – Rede de Autoemprego nace dunha realidade simple pero poderosa: emprenden mellor as persoas que emprenden acompañadas. A rede xermola no rural galego como resposta á necesidade de construír comunidade ao redor do autoemprego. Non somos un programa nin unha institución: somos persoas que apostaron por traballar de xeito propio, que atoparon noutras persoas que fan o mesmo un espello, un apoio e un motor.

"A rede non é o destino, é o camiño. Cada proxecto que se une fortalece a todos os demais."

Xornadas Feira Terra Emprende
Por que vir a Terra Emprende
TRES RAZÓNS PARA ESTAR AQUÍ

Por que vir a Terra Emprende

Un espazo pensado para poñer en valor proxectos locais, crear redes de colaboración reais e demostrar que a economía do territorio pode ser sostible, innovadora e comunitaria. Impulsado por Mícora – Rede de Autoemprego co apoio do Concello de A Estrada e Acción contra a Fame.

Crear rede real

Máis de 40 proxectos nun mesmo espazo. Conversas que nacen nun stand e rematan en colaboracións que duran todo o ano.

Aprender facendo

Faladoiros con profesionais, obradoiros prácticos e dinámicas reais. Economía social, IA, artesanía, benestar emocional e moito máis.

Pertencer a algo

Terra Emprende non remata o 29 de maio. É o punto de partida dunha comunidade de emprendemento rural sostible. Benvida/o a Mícora.

MEMBROS DE MÍCORA EN TERRA EMPRENDE

Mícora agrupa proxectos tan diversos como o territorio que habitamos: fotógrafos, artesás, educadoras, programadores de IA, coaches emocionais, cooperativas de costura, produtoras de podcast. O que nos une non é o sector, senón os valores: sostibilidade, cooperación, territorio e autenticidade.

Querido EstrañoKIGENiko MíguezAbundanthiaJC AsoreyBranda'sSouto AlegreCabañas ModularesZapireza EstudioAnacos EducativosPuntadas & BizcochoaopasoLoopa LabsYU Lugar de EncuentroEscola de Intanxibles
🎪 28 E 29 DE MAIO DE 2026

¿Xa tes plan para esas datas?

Ven a coñecer aos nosos emprendedores e vive unha xornada chea de creatividade, aprendizaxe e sinerxías.